CUATRI · KIT DE PRENSA (GALEGO)
pryzion.es/cuatri/prensa

NUNHA FRASE
Cuatri é unha app para estudantes que organiza o horario, as entregas e as faltas, e calcula ao momento que nota necesitas no exame final para aprobar cada materia.

TEXTO CURTO (50 palabras)
Isaac Novoa, un mozo de 20 anos da Rúa (Ourense) que estuda ADE na Universidade da Coruña, creou Cuatri, unha app que organiza o curso de universitarios e estudantes de FP: horario, entregas, exames e faltas. A súa función estrela: segundo como avalía cada profesor, calcula ao momento que nota necesitas no final para aprobar.

TEXTO LONGO (300 palabras)
Isaac Novoa, un mozo de 20 anos da Rúa (Ourense), creou Cuatri, unha aplicación para organizar o curso pensada para universitarios e estudantes de FP e Bacharelato.

A idea naceu ao chegar á universidade, onde cada estudante ten que buscarse máis a vida para telo todo organizado. Nunha das súas materias, tres traballos valían un 20 % entre os tres; dous parciais, un 30 %, cun mínimo dun 3 en cada un; a asistencia obrigatoria, un 10 %, e o exame final, un 40 % que había que aprobar para poder facer media. Saber canto lle facía falta no final era un lío.

Cuatri responde a esa pregunta: cos pesos e os mínimos de cada proba tal e como os fixa o profesorado, calcula ao momento a media que se leva e a nota que fai falta no que queda para aprobar. Ademais, reúne o horario, as entregas, os exames e as faltas de asistencia, avisa de cantas veces máis se pode faltar sen perder a avaliación continua e permite pasar o horario a toda a clase cun código QR.

Isaac estudou o ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e Redes (SMR) no IES Cosme López Rodríguez da Rúa e o ciclo superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web (DAW) no CIFP A Carballeira de Ourense, e agora cursa Administración e Dirección de Empresas (ADE) na Universidade da Coruña. En ningún dos ciclos se ensina a programar apps para móbil: aprendeu pola súa conta, sobre a base de programación que lle deron, e desenvolveu Cuatri el só en catro meses, xunto coa súa web. O lanzamento levouno como un proxecto de empresa, baixo PryZion, o selo co que agrupa os seus proxectos.

Antes de saír, probárona unha vintena de estudantes en Android e en iPhone: alumnado de varias facultades da propia Universidade da Coruña, da Universidade Complutense de Madrid e de lugares como A Rúa, O Barco ou Trives. Varias das súas funcións, como os avisos e os widgets, o contador de faltas ou o temporizador de estudo, naceron das súas propostas. Cuatri non ten anuncios nin pide crear unha conta.

DATOS
Nome: Cuatri (de PryZion)
Creador: Isaac Novoa García (20 anos), da Rúa (Ourense). Ciclo medio de SMR no IES Cosme López Rodríguez (A Rúa) e ciclo superior de DAW no CIFP A Carballeira (Ourense); agora estuda ADE na Universidade da Coruña (UDC)
Desenvolvemento: catro meses, el só. Antes de saír probárona uns 20 estudantes en Android e en iPhone, de varias facultades da UDC, da Complutense de Madrid e da Rúa, O Barco e Trives.
Plataformas: iPhone, iPad, Android e Windows
Lanzamento en iPhone, iPad e Android: martes 27 de outubro de 2026, ás 20:00 (en Windows xa está dispoñible)
Prezo: próbase enteira durante 7 días; despois, unha compra única, sen subscrición, que vale tamén para a versión de Windows: 3,99 € de lanzamento (ata o 9 de novembro) e 4,99 € a partir do 10 de novembro
Sen anuncios e sen contas; os datos sincronizados viaxan cifrados de extremo a extremo
Web: https://pryzion.es/cuatri/

CONTACTO
Isaac Novoa · soporte@pryzion.es

As imaxes deste kit pódense publicar libremente en noticias sobre Cuatri.
